lunes, 5 de agosto de 2013

Praia de Borreiros e praia Vilaverde

Praia de Borreiros e Vilaverde

Ao carón da fermosa Praia dos Muíños, a de Area Maior, un pouco máis aló, atopamos dous tesouros agochados: as praias de Borreiros e de Vilaverde.

Como chegar

Vindo pola estrada dende Berdoias cara Muxía (a AC-440 que une Santiago coa vila da Barca), ao chegar ao lugar de Os Muíños temos que coller un desvío á dereita (con sinalizador verde pistacho) cara a Praia dos Muíños. Dende aí só temos que seguir cara a praia, e unha vez que deixemos unha pista á dereita, e continuamos bordeando a praia de Area Maior (que deixamos tamén á dereita). A primeira cala que nos atopamos á dereita é a de Borreiros, e a segunda, xa cando remata a estrada é a de Vilaverde (se ben hai xente que as chama do revés).

 Praia de Muiños dende a praia de Borreiros
Praia de Vilaverde

No hay comentarios:

Publicar un comentario