miércoles, 21 de agosto de 2013

Arou, Camelle. A Coruña

Praia de ámbito urbano xa que se atopa no mesmo núcleo de Arou. Con forma de enseada e base de area de cor branca. Trátase dunha praia de augas tranquilas e pouco ventosa o que facilita o baño. Con liña de autobús regular con parada en Arou. O porto deportivo máis próximo é o de Camariñas.

Como chegar:
Dende Camariñas collemos a LC-433 ata Ponte do Porto. Á saída deste lugar collemos desvío a man esquerda con indicador Camelle. Unha vez aquí continuaremos pola mesma estrada e bordeando a costa ata Arou nas inmediacións da cal se atopa esta praia.
Accesibilidade: Peonil, coche ou autobús.


No hay comentarios:

Publicar un comentario