miércoles, 8 de mayo de 2013

Pedra da Arca, parroquia de Baíñas, Concello de Vimianzo

Pedra da Arca


Características:

Trátase dunha mámoa esquilmada, pois en 1936 foi obxecto de escavacións clandestinas realizadas por buscadores de tesouros. O mal estado deste túmulo pódenos servir para comprender na práctica a integración da anta no corpo da mámoa.



Como atopalo:


Sáese do castelo de Vimianzo con dirección a Fisterra e no primeiro cruce que atopamos collemos á dereita en dirección Camariñas. Seguímos a estrada e a 6 quilómetros collemos á dereita no cruce que indica "Laxe". A 300 metros á man dereita vemos un cartel que indica a situación do dolmen. Para acceder a el collemos a pista de cemento que nos leva a unha casa diante da cal hai un sendeiro que se adentra no monte e nos leva ao dolmen.

No hay comentarios:

Publicar un comentario